| Dende 2005“Impulsando a Consultoría de Calidade” |
|
O desenvolvemento de Galicia depende en boa medida da competitividade das súas organizacións públicas e privadas, as cales deben constantemente incorporar novos instrumentos de xestión, técnicas e coñecementos que lles aporten valor e forza. Para elo débese contar "na casa" con especialistas que estén á vangarda a nivel mundial e, á vez coñezan ben o ámbito local para poder aportar solucións innovadoras a medida, que sexan práticas e eficaces.
Os nosos asociados son profesionais de recoñecida e contrastada experiencia, que buscan fortalecer o posicionamento e o prestixio do sector en Galicia. Hoxe representan unha significativa cuota do mercado, dando emprego directo e indirecto a máis de 3000 persoas, cunha facturación superior a 100 millóns de euros o ano. |


